| |
O Humor pode atoparse como ingrediente en moitos relatos fantásticos, realistas ou de misterio destinados ó público máis xoven. É unha disposición, unha actitude frente a feitos, temas e personaxes.
Os autores plantexan imaxes cómicas que producen efectos sorpresa no lector, ou ben elixen puntos de vista para mirar a realidade que provoca risa.
O elemento humorístico ten un gran valor pedagóxico, pois ensina a relativizar e a poñer en dúbida as apariencias. Deste xeito, o lector desenvolve o sentido crítico e aprende a distanciarse dunha realidade ás veces pouco grata.
Por outra parte, os relatos humorísticos posibilitan unha aprendizaxe formal, xa que ofrecen unha experimentación coa linguaxe, as estructuras literarias, o comportamento dos personaxes…, que permite ó lector coñecer unha gran variedade de recursos literarios.
Dende o humor, os lectores menos afianzados poder acercarse a unha oferta literaria atractiva que presenta o mundo baixo aspectos divertidos, contradictorios e insólitos. Un punto de vista ás veces irónico ou perverso capta a atención do lector, que é quen de percibir o carácter lúdico de estas propostas dentro do espazo de ficción da literatura. |