| |
Aproveitando que este ano se cumple o 25 Aniversario do colexio, o proxecto de este vindeiro curso versaría sobre a importancia das escolas e a lembranza das antigas escolas e mestres.
OBXECTIVOS:
1.- Dar a coñecer aos nenos e ás nenas libros de Literatura Infantil e Xuvenil (narrativa, poesía, teatro e cómic) que teñan unha temática relacionada coas escolas.
2.- Conseguir que a Biblioteca Escolar sexa un lugar onde podamos atopar información sobre o tema mediante actividades de acceso á información e utilización das TIC e utilizando así mesmo soportes distintos ós libros (CD-Rom, DVD, xornáis, revistas…).. |
|
| |
3.- Facilitar o acceso á información sobre o tema.
4.- Coñecer e valorar a importancia da Educación e das Escolas na vida das persoas.
5.- Investigar que tipos de Escolas existen no mundo e como é o seu desenvolvemento cotián.
6.- Investigar a evolución das escolas dende a súa orixe ata os nosos días( as escolas de antes, evolución dos libros de texto, recordos de vellos mestres e de antigos alumnos e alumnas).
A programación de actividades de animación e fomento da lectura se fará por trimestres para facilitarlle ó Equipo a tarefa de ir programando as actuacións ó longo do curso. |