Polo bosque andaba unha nena, Riciños dourados, que atopou a casa dos tres osos. Como era moi curiosa achegouse a casa, mirou pola ventá e viu as papas enriba da mesa. Como a porta estaba un pouco aberta entrou na casa.