.:: PROXECTO DE ANTICIPACIÓN
DA PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA::.
Dende
o CURSO 1999/2000 , estamos inmersos no proxecto de anticipación
da primeira lingua estranxeira no segundo ciclo de infantil e no primeiro
ciclo de primaria.
A impartición dunha lingua estranxeira, dende tan temprana
idade é un proxecto educativo moi enriquecedor e positivo;
pois nestas idades os nenos e nenas posúen unha grande capacidade
receptiva.
INGLÉS
DENDE OS 3 ANOS Tendo en conta a súa idade, esta
ensinanza desenvólvese levando a cabo actividades variadas,
divertidas e curtas que proporcionan o marco apropiado para o primeiro
contacto con esta lingua.