2005 -2006

.:: Facendo o camiño ata a Pedra das Cabras - O proxecto ::.

Con este proxecto pretendemos estudiar, mediante a observación e a investigación, unha ruta do monte, na que atopamos unha flora e fauna específica, así como masas arbóreas significativas, variadas e de alto valor ecolóxico.
Seleccionouse esta ruta pola variedade natural que atopamos nela, así como polo significado histórico que ten na parroquia. Este proxecto contempla:


1.- A observación e estudio dos arbustos, árbores e animais máis comúns no entorno próximo entendendo estas árbores como pequenos ecosistemas nos que habitan ou cos que se relacionan outros seres vivos.
2.- A sensibilización na importancia do coidado do monte polos beneficios que nos aporta.
3.- A importancia da prevención dos incendios destas masas arbóreas debido ós grandes danos que estes causan.

Por outra banda, e continuando con proxectos anteriores pero absolutamente relacionados co contido deste proxecto seguiremos traballando nos seguintes aspectos:


Campañas de recollida de papel, plástico e pilas para reciclar.
Aproveitamento dos recursos e consumo responsable.
Limpeza do patio.
Coidado do horto escolar.
Seguimento do estado das praias do Baluarte e da Corna, nas que traballamos en cursos anteriores.

 
 
Ir a Mapa Intercativo do Camiño