| |
O
mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas
máis correntes para a súa celebración: o día
1 de novembro, festa de Tódolos Santos, ou o día 11,
festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva
o nome deste santo.
Outra data case
obrigada para comer castañas é o primeiro de Maio,
chamándoselles "MAIOLAS ou MAIAS", e comíanse
para "non desmaiarse o resto do ano".
Tamén
se comían as castañas na Coresma cando había
o costume de que non se comese carne.
Fíxate
se se comían castañas en Galicia que ata que apareceron
as patacas no lugar destas consumíanse as castañas.
Hai moitos xeitos de comer castañas: Castañas asadas,
castañas cocidas, caldo de castañas, etc.
Para que lles
sexa máis cómodo comelas, nalgúns sitios atravésanas
cun fío para poder levalas a modo de colar.
|
Polo
San Martiño, trompos ó camiño 
No
Magosto, xornada de xogos populares: canicas, trompos, diabolo,
cordel.....
|