|
O
igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as
cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de
guerra coma o cerne dos misterios do ser humano. Crían que
"aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza
máxica da súa pantasma".
Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só
lle concedían valores defensivos senón que tamén
lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos
celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.
A
festa do Samaín era a data máis perigosa do seu calendario
posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible
para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun
feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín
(o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas
colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos
inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños,
nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren
os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes
e para esconxurar os perigos da celebración.
E
curiosos que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas
para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.
|