A
cabaceira é unha planta de follas moles e amplas, cunhas flores
comestibles de cor laranxa. O seu froito acada un grande tamaño
e posúe unha cortiza dura que garda unha carne polposa na que
se sosteñen ducias de sementes chamadas pebidas.
Soe plantarse a primeiros de verán no medio do maínzo
porque aproveita as súas canas para prender os seus sarmentos.
Necesita terreos húmidos e un tempo quente, soporta ben as
terras ácidas por iso se da en Galicia.
Existe unha grande diversidade de especies de cabaceiras (todas da
familia das Cucurbitáceas), por exemplo a cabaza pasteleira,
a cabaza de Senegal, a cabaza de San Pedro, a cabaza de California,
a cabaza da India, etc. En Galicia seméntanse varias especies
de cabaceiras sendo a máis común e a máis extendida
a Cucurbita pepo ou cabaceira común.