GRIPE A (H1N1)v. PDF Imprimir E-mail
Escrito por Administrator   
Sábado, 12 de Setembro de 2009 16:54

Xa está publicado: PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NOS  CENTROS EDUCATIVOS.

.

 Hai un dito que dicían os nosos  maiores: "as desgrazas nunca chegan soas..."

 En mal momento nos colle esta "pandemia". Estamos en tempo recortes presupostarios, recortes de profesorado ( no noso centro de momento 2 mestres),  traballo arreo coa "gratuidade solidaria", avaliación diagnóstica...

.

Ide a ler máis, para ler todo.

.

Nesto do protocolo hai unha morea de cousas que son moi difíciles de manter nun  aula onde  hai  25 alumnos e alumnas,  tanto máis difícil  canto máis pequenos son, sen ir máis lonxe,  xa é choio dabondo  o controlar que ningún rapaz ou rapaza  meta o lápiz na boca...

O xogo, que é a estratexia máis empregada para que  o alumnado realice a aprendizaxe, vese moi limitada se hai que evitar tocarse coas mans, ollos, nariz ou boca, como manda o protocolo, incluso os  obxectos que van a ser tocados por outros...  Todo o material  do centro é para compartir ... 

O traballo dos mestres vaise ver condicionado ao ter que velar polo cumplimento do protocolo...

.

 O coidar dos lavado das das mans, está xa no curriculo da nosa labor docente pero o incidir de forma especial no lavado exhaustivo e frecuente non pode facerse sen un gasto de tempo que antes  se adicaba a outras tarefas.

E non falemos  do gasto que vai supor para os centros a merca deses xabróns recomendados, de xeles especiais de "hidroalcol", toallas desbotables, cubos con tapa e con apertura a pedal... Todo isto nun momento en que se anuncia un recorte orzamentario para os centros moi significativo.

E  da limpeza a fondo..., a limpeza con máis frecuencia, aspirar en lugar de varrer , etc. .

É evidente que se necesita máis persoal de limpeza e é moi necesario que estea durante o horario lectivo, pero todos sabemos que iso non vai pasar... e coma sempre, máis cargas para os responsables...

Nomeamento dun  RESONSABLE DA PANDEMIA...

Ás innumerables tarefas que xa temos, hai que sumar todas as medidas de control, agora cada alumno que chegue tarde pode ser un motivo de alarma  e o persoal directivo do centro vai ter que estar colgado do teléfono  por mor da consulta ás familias...

E xa non quero pensar no tempo das gripes e os resfriados,  como  tódolos anos, que ademáis do alumnado tamén afecta aos mestres, pero...este ano non se pode vir ao centro nas condicións en que se viña  anteriormente, vir con febre, con resfriado, dor de gorxa...  nestas condicións  pode faltar nalgún momento a metade do profesorado.

Nin imaxinar que apareza un caso positivo (alumno ou mestre),   vai pasar que á mínima sospeita de sintoma haxa alarma... presíntese época de absentismo

Pero tamén hai outro dito dos nosos maiores que dicía  algo así como

" amodiño amodiño vaise facendo camiño..." pois ben...

Ímolo tomar con calma. Todos. Non nos alarmemos  en demasía. O que vai ser, vai  ser, por moito que nos empeñemos en evitalo. Agora sí!  tomaremos as medidas que razonablemente se poidan, sen  entorpecer o  desenvolvemento normal das actividades do centro... e os pais e nais poden colaborar en  moitas cousa  sen facer un esforzo extra.

  • Que o alumnado chegue puntual
  • Non envialo ao centro se ten algún síntoma de proceso febril, etc
  • Insistir na casa en que respecten as indicacións protocolarias que se van a realizar no centro.

Só estas tres actuacións facilitan a normalidade no centro. Insistimos no rogo de que se cumplan estrictamente.

Boa sorte coa  epidemia e bo curso para todos.

Os directores de tódolos centros

 

Actualizado ( Martes, 03 de Novembro de 2009 04:34 )
 

Calendario

« < Abril 2026 > »
L Ma Me X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Imaxes ao chou

Ferramentas

Traductor multilingüe
Para facer traduccións a moitos idiomas.
Apertium
Galego/Castelán/Galego Tradución de verbas, textos, documentos e páxinas web
Diccionario-RAG
Real Academia Galega e Diccionario Pedagóxico

Miscelanea