LOGO PORTOCOLE

 

ALGUNHAS COPLAS DOS MAIOS 2006

Xa estamos nos maios
é no ano 2.006
e como de costume
temos moito que criticar.

Empezamos criticando
a guerra de Irak
que ía rematar nun mes
e tres anos van alá

Esperemos cos problemas de Irán
non rematen coma os de Irak
e que esta vez os políticos
saiban todos dialogar.

Outro problema ben grande
é o da contaminación,
o que todos debemos
buscar unha solución.




Inundacións e terremotos
este ano houbo abondo,
montañas derrumbadas
e poboacións sepultadas.

Moitos, moitos problemas
tiñamos que arranxar
e tan so nos faltaba
o da gripe aviar.

Galiñas, parrulos e pombas
o Concello mandou encerrar
¡Qué farían esteos animais
para agora no cárcere estar!

E xa nos despedimos
ata o ano que ven
desexándovos a todos
feliz ano 2.006
 

 

.