

''Samain''
(''Samhain'' en gaélico) é unha festividade de orixe celta, a máis importante
do período precristián. Celebra o principio do ano novo, que comeza coa
estación escura. È tanto una festa de transición (o paso dun ano a outro) coma
de apertura ò outro mundo. Existe dende hai
3000 anos nos pobos celtas de Europa, en Galicia, nalgunhas zonas de Asturias
(máis ben relacionado co mito da Güestia), en Irlanda e distintas zonas de Gran
Bretaña.

A festividade céltica do Samain descríbese coma unha comunión cos espíritos dos defuntos que, nesta data, tiñan autorización para camiñar entre os vivos, dándoselle á xente a oportunidade de reunirse cos seus antepasados mortos. Para manter ós espíritos contentos e arredar ós malos dos seus fogares, deixaban comida fora, una tradición que evolucionou converténdose no que hoxe fan os rapaces indo de casa en casa pedindo doces.
Despois de que os romanos conquistaran ós celtas, estes influenciaron no mundo
céltico cos seus festivais á deusa romana da colleita, Pomona; e máis adiante
coa chegada do cristianismo. Os cristiáns consideraban que os
celtas adoraban ao diaño, anque eo
diaño nunca existiu na relixión céltica. En aquela época determinouse
que a
maneira de converter ós celtas ao cristianismo era adoptando o festival dos
celtas e convertelo nun cristián. Así o do Samain converteuse no día de Tódolos
Santos de onde deriva o nome de Halloween en inglés.

Polo Samain era costume baleirar nabos (posteriormente cabazas) para pórlles dentro candeas. Varios séculos despois, esta tradición (que se manten aínda en Galicia) ten continuidade nas festas de Halloween, que poderían ser unha exportación dos irlandeses a Estados Unidos no século XIX e comezos do XX. Así, debemos considerala coma unha celebración pagán e ancestral, ó contrario que Halloween, que sería una celebración importada e modificada en Norteamérica para converterse nunha celebración urbán.
A cabaza e o casar todo é acertar. A cabaza e o queixo, sempre ó peso. |
¿Qué cousa cousiña é, que para adiviñar é, que na boca ten o pé? (A cabaza) |
9