|
A CASTAÑEIRA |
![]() |
|
Érase unha vez…unha señora chamada Sara. Era outono e pensou que habería castañas no souto. Ela vivía nunha casiña no monte. Colleu unha cesta e un pao e saiu da casa. |
![]() |
|
Un día Sara foi ao souto e como había moitas castañas colleu as que puido ata encher o cesto que levaba. Coceu algunhas para comer ela e coas cocidas que sobraban fixo uns zonchos para os seus netos. |
![]() |
|
Finalmente, Sara pensou que tiña moitas castañas e decidiu vender as que lle sobraban. Asou moitas castañas, gañou moitos cartos e así pasou un bo inverno. E, castañín, castañón, este conto rematou.
|
|
Alumnos de 2º |