|
A COSTA DE OLEIROS |
 |
A
RÍA DO BURGO
A
ría do Burgo está situada entre os concellos de Culleredo e A Coruña, pola
súa esquerda, e os de Cambre e Oleiros pola súa dereita. Formouse na
desembocadura do río Mero. Aí conflúen augas doces e salgadas.
É un
dos mellores lugares da zona para observar diferentes grupos de aves
acuáticas mariñas: garzas, patos, gaivotas,
mazaricos, corvos mariños... e moitas gaivotas patiamarelas. O mellor
momento para velas é cando a marea está rematando de subir ou comezando a
baixar. Xa que así os grupos de aves están máis concentrados; nin están
dispersos por todo o humidal, algo que sucede na baixa mar; nen agochados
entre a vexetación como acontece coa preamar. No inverno hai aves
migratorias procedentes de países máis fríos.
É
unha zona de marisqueo. Recóllense principalmente berberechos, ameixas e
minchas. O marisqueo realízase a pé durante a
marea
baixa
e
dende as chalanas
cando
a marea
está
alta.
Forman parte inseparable da paisaxe da ría os mariscadores e as súas
lanchas, así como os seus raños e outros aparellos.
Hai
contaminación producida polos residuos dos barcos, das industrias e polas
augas residuais dos edificios que van a directamente á ría. |
|
Na
entrada da ría do Burgo está a praia de Santa Cristina que ten unha forma
redondeada moi curiosa.
Formouse coas partículas traídas polo mar (areas, restos de cunchas...) e
polo río Mero. O vento foi facendo pequenas dunas, pero hoxe consérvanse
poucas debido á intervención das persoas.
|
|
A MARIÑA OLEIRENSE |
|
Oleiros é un Concello situado
na
marxe
dereita
da ría do Burgo. Limita o norte coa ría de Ares, ao leste cos concellos de
Sada e Bergondo, ao sur cos de Cambre e Culleredo e
ao
Oeste
co
Concello da Coruña e coa
ría
do Burgo.
Unha parte importante do Concello de Oleiros é costa, e polo tanto conta
con moitas praias fermosas: Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz,
Canide, Portelo, Mera, Espiñeiro, Canabal, Naval...
Dende o faro de Mera, Seixo Blanco e a costa de Dexo pódese observar a
Illa da Marola e as zonas mais acantiladas e fermosas do seu litoral, e
tamén a gran diversidade de aves mariñas que habitan nos seus cantís e a
flora propia do litoral.
Outras illas da costa oleirense son Monte Mean, Illa do Corval, Illa do
Castelo e a Illa de Sta. Cristina. |
 |
|
Na illa de Sta. Cruz atópase o castelo que nos séculos XVI e XVII formaba
parte do sistema defensivo da baia coruñesa; hoxe atópase alí o Centro de
Estudios Mediambientais(C.E.I.D.A.).
A pesca mantense como actividade tradicional nos portos de Mera, Dexo e
Lorbé, sendo este último o mais importante. Neste porto tamén se cultiva
nas bateas alí situadas o mexillón, que é envasado e comercializado alí
mesmo. O marisqueo lévase a cabo na ría do Burgo e no porto de Lorbé.
Algúns anos atrás, dende as praias de Sta. Cristina, Santa Cruz e Mera,
establecíase un transporte marítimo que unía estes puntos ca cidade da
Coruña.
|
|
DEPORTE NA COSTA DE OLEIROS
|
|
Son moitas as opcións para
practicar deportes náuticos en Oleiros. Ademais de todas as actividades
que se poden desenvolver libremente en todas as súas praias, o concello de
Oleiros conta nalgunhas con instalacións para uso directo dos veciños e
para clubes deportivos e asociacións culturais.
Na praia de Santa Cristina atópase
o Club de Regatas de Perillo, que dispón dunha escola de remo nas
modalidades de banco fixo e remo olímpico e desenvolve as súas actividades
durante todo o ano. Nesta mesma praia ten as súas instalacións a Escola
Municipal de Remo, na Fábrica. |
 |
|
Na praia de Bastiagueiro,
emprazada baixo o Paseo Marítimo, encóntrase Nauticoleiros, destinada ás
actividades de surf, body-board e kaiak de mar. Dispón de vestiarios con
duchas e almacén para os traxes, táboas e kaiaks.
Na praia de Mera, o Centro de
Actividades Náuticas de Mera é utilizado polo C.D.M. Mariñeiro de Mera. |
|
Alumnos de 5º |
 |