Mar de cores

 

Mar azul,

mar sereo,

extenso coma o ceo.

Da lúa compañeiro.

Mar cascabeleiro!

 

Mar brillante

coma o diamante

de ondas pequenas

e outras xigantes.

Mar abraiante!

 

Mar de ouro,

mar de tesouros,

fogar dos peixes

e dos mariñeiros.

Mar fartureiro!

 

Mar de escuma

que bate nas rochas

furioso e temido,

bravo e fermoso.

 

Este mar é o noso!

 

Alumnos de 3º C