POESÍAS DA AUGA

A NOSA AUGA

Da auga mariña

aliméntase a saliña.

A auga do manantial,

para beber non vén mal.

Da auga fría dos polos

debemos de huír todos.

A auga a todos nos alimenta,

e tamén nos refresca.

A auga limpa e pura

sempre nos axuda:

¡a fregar e lavar,

a regar e duchar!

 A auga que cae do ceo

utilízase para o rego.

¡Nin no ceo nin no mar,

a auga pode faltar!

Alba Fernández Fuertes

 

A AUGA

A auga é necesaria

para sobrevivir

e o seu malgaste

non debes consentir.

A auga dos ríos e dos mares

non debemos malgastar,

por que se non

ímonos sentir mal.

Se queres ter un mundo mellor,

de auga potable fai un gasto menor

para que poidas facelo,

unhas regras terás que cumplir:

-Dúchate, non te bañes

-Pecha o grifo mentras te lavas

as mans e os dentes

-Utiliza o lavavaixelas.

E moitas regras máis!

A auuga é vital

se quedamos sen ela

a humanidade pasarao mal.

Non o esquezas!!

Sofía

 

 

 

 

 

A AUGA

A auga pura coma o cristal

ten  máis vida

que unha tartaruga mariña

das que viven na auga con sal

 Aínda que sería máis cristalina

Si se portase máis tranquila,

choca contra unha rocha

coma se fose unha foca

 E salta polo trampolín

coma se fose un delfín

porque é tan xoguetona

como se fose unha mona

Jorge Díaz Seoane

 

O MAR

O mar é

unha nube

xigante ,encubridora

da Terra.

Ao chegar a noite

todo perde a nobreza

mais a Luna Luneta

chega pronto

e perde a presa.

O mar é

un manto azul

ao que todo o mundo

semella agradecer

o seu querido

sal mariñeiro.

O mar é

unha nube

xigante ,encubridora

da Terra.

Ao chegar a noite

todo perde a nobreza

mais a Luna Luneta

chega pronto

e perde a presa.

O mar é

un manto azul

ao que todo o mundo

semella agradecer

o seu querido

sal mariñeiro.

Laura Estévez Fernández