Cantamos á Paz

e fixemos un mural coa pomba

 

O 30 de Xaneiro é o "día mundial da paz", data que adicamos a pensar en que podemos facer para mellorar o noso mundo.

Tivemos diversas actividades no patio e no Ximnasio, ademais das que fixemos nas aulas e nos corredores.

O curso de 5º do noso Colexio asistiu en Vilagarcía ó acto do Día da Paz en Vilagarcía para a solta de pombas e lectura de manifestos, nun acto que presidiu a Señora Alcaldesa do Concello e a Concelleira de Educación.

O noso manifesto foi o seguinte:

Nós, os nenos e nenas de Rubiáns, desexamos: paz, concordia, amistade, felicidade, amor, bondade, harmonía, alegría e esperanza para todos os homes e mulleres da Terra.

Igualmente gustarianos desterrar das nosas vidas: as guerras, o medo, a maldade, as pelexas, os maltratadores, as armas, as disputas, as drogas e os perigos.

Para iso comprometémonos a: querer e axudar ós demais, ser bos, compartir as nosas cousas e ter un sorriso mentras axudo ás persoas.

Rematamos cunha frase de Nelson Mandela, premio nobel da Paz do ano 1993: Nunca, nunca e nunca outra vez, debera ocurrir que esta Terra fermosa experimente a opresión dunha persoa por outra.

Rubiáns a 29 de xaneiro de 2010.