A nosa horta comenzou a funcionar no curso 1997/1998. No curso 1998/1999 recibimos o premio provincial de Pontevedra do programa VOZ NATURA. Ese ano clasificáronse tódalas árbores do Colexio e cada neno/a apadrinou unha delas.

Nestes momentos son os alumnos/as os que fan a maior parte do traballo, dende poñer os semilleiros para logo trasplantar á horta, ata a recollida dos froitos. Coidan as plantas, réganas, as abonan ...

Obtemos plantas aromáticas, tomates, pementos, pipas, amorodos, millo de palomitas, cabazas..

Para obter o abono que necesitamos, recurrimos á fabricación do noso propio compost, no que reciclamos tódolos restos orgánicos da poda...