APNA  OS RAPACIÑOS

 

Foi constituída en novembro do ano 2001. Neste momento somos 19 socios, que é case a totalidade dos pais.

Desde o primeiro momento intentamos promover nos rapaces a convivencia e a amizade facendo actividades varias con esa finalidade: excursións, xogos, maxia,..

Como fomento desa convivencia, todos os anos se fai unha festa de fin de curso con inchables, caraoque, maquillaxe e festa da espuma.

Tamén contamos coa actuación da maga Inés que, no Nadal de 2004 e de 2005, asombrou  tanto a pequenos como a maiores, cun espectáculo de maxia e de sombras chinescas.

Neste momento estamos pendentes dunha axuda da Deputación de A Coruña coa que faremos unha actuación de títeres.

Ademais, tamén se conseguiron melloras para o colexio, como por exemplo:

  • no ano 2001 todos os pais fixemos unha reforma de urxencia no interior do colexio: cubrición das paredes con madeira, cortiza no chan, arranxo da instalación eléctrica...

  • solicitamos a diversas entidades o arranxo do tellado da escola, posto que estaba en condicións ruinosas, conseguindo que no verán do 2004 o Concello de Carral o retellase.

  • conseguíronse ordenadores  grazas a varias donacións, tanto de empresas privadas como da Xunta (contamos con 8, neste momento)

  • no curso 2002-2003 contratouse unha profesora de inglés como actividade extraescolar para evitar que os rapaces que se incorporaban en 3º de primaria a outro colexio, estivesen en condicións de desigualdade, xa que nos demais centros teñen esa materia desde o primeiro curso de Primaria, ou incluso en Preescolar. A partir dese momento, desde a Consellería de Educación puxeron un/unha profesor/-a que ven 2 veces á semana a ensinar Inglés aos nosos nenos.

  • moito material que lles proporcionan aos mestres están en VHS e en DVD polo que se mercaron una televisión, un vídeo e, ultimamente, un DVD.

Neste sentido, recibida a subvención do Concello do ano pasado, compraremos un gravador de DVD para un dos ordenadores do colexio.