Bolboretas
Os
vermes da seda
Esta é
unha experiencia que ven de hai tempo, pero que sufríu un
parón pola perda dos
ovos debido a un exceso de limpeza.

Ó
comenzo do curso 2004/2005 conseguimos unha nova remesa de ovos,
gracias á
profesora Laura Rosato Carballido, do CEIP Ponte dos Brozos.
Solicitamos
ó concello de Carral unha moreira para plantar no noso patio
e así non estar
condicionados pola alimentación, petición que foi
atendida, sendo o viveiro
Ártabro o encargado de proporciona-la árbore.
Obxectivos.
-
Coñecer e respeta-lo
entorno máis próximo.
-
Descubri-la importancia de cada
ser vivo e entender que todos teñen algunha utilidade e son
necesarios para mante-lo equilibrio.
-
Aprender algúns
aspectos descoñecidos da vida destes insectos.
-
Achegarse ó concepto
de metamorfose.
-
Descubri-la relación
das estacións do ano cós ciclos vitais.
-
Ser un elemento motivador e
impulsor da investigación en libros e outros recursos como
Internet.
A
Experiencia
Nos
primeiros días da primavera empezou a subi-la temperatura,
apareceron os
primeiros brotes na moreira e vimo-las primeiras eirugas andar pola
caixa na
que estaban os ovos. Non sabemo-la data
exacta na que naceron, xa que son moi pequenas, delgadas
coma pelos e máis curtas cunha unlla.
eiruga
Larva de bolboreta e de calquera insecto, de corpo longo e formado por
aneis.
verme
Animal de corpo brando e alongado, formado por aneis e sen patas, que
anda
arrastrándose.
Verme
da seda Nome popular da larva de
bolboreta .
Tivemos
que contar coas follas de moreira dos alumnos que as tiñan
na casa, xa que a
nosa, ó ser tan noviña e pequena, non ten
bastantes follas para unhas eirugas tan
famentas.
O
crecemento foi moi distinto e tiñamos xuntas a eirugas a
punto de tece-lo seu
casulo con outras de dúas semanas.
O 26 de
maio elaborouse o primeiro casulo, polo que a eiruga ten unha vida dun
mes.
A eiruga tarda menos dun
día en tece-lo casulo de cor branca ou marela.
Agora que
está no casulo, a eiruga queda como adormecida e se lle
chama crisálida. O
seguinte é a metamorfose, momento no que empeza a
converterse en bolboreta.
A nosa primeira bolboreta naceu
o 15 de xuño,
polo que a crisálida ten unha duración de 20
días.
Por
último, está o apareamento das bolboretas e a
posta dos ovos.
Os ovos
son de cor marelo, pero van tornándose grises segundo van
pasando os días.
Estas son
as dúbidas que nos quedaron:
-
¿Cáles
son os vermes machos e cáles os femias?
-
¿Cáles
son as bolboretas femias?
-
¿Por que uns casulos
son brancos e outros marelos?
-
¿Por que un verme
intentou face-la metamorfose fora do casulo?
Se coñece-las
respostas a estas dúbidas, podes escribirnos ó
noso correo, podemos aprender moito xuntos e ser amigos.
|