Bombeiros de Galicia

O mércores 22 de novembro visitamos o parque dos Bombeiros de Galicia, situado no concello de Arteixo.

En primeiro lugar, queremos agradecer a atención do persoal que nos acompañou e informou durante a visita, moi atento e moi achegado ó alumnado, que fixo de esta unha das saídas que recordaremos durante máis tempo.

Informar a tódalas familias e todos cantos visitan esta páxina, que o sábado 16 de decembro de 2006, haberá unha demostración do traballo dos Bombeiros de Galicia na pista polideportiva de Arteixo, situada no Polígono de Sabón, na avenida de Arsenio Iglesias.

A visita.

¿Que fan os bombeiros?

  1. Apagar lumes.

  2. Rescatar persoas atrapadas en lugares elevados.

  3. Rescatar persoas atrapadas dentro de vehículos accidentados.

  4. Retira-la auga de casas inundadas.

  5. Retira-la auga de estradas inundadas.

  6. Limpa-los verquidos de aceite ou gasolina nas estradas.

  7. Retirar árbores caidas na estrada ou sobre edificios

  8. Retirar árbores e obxectos que poñan en perigo ás persoas, como farolas e fachadas deterioradas, grúas, etc.

¿Que ferramentas e material empregan?

  1. Lanza

  2. Mangueira

  3. Extintor

  4. Escada

  5. Corda

  6. Machada

  7. Bomba de auga para coller ou lanzar auga

  8. Bomba de aire para encher as bombonas

  9. Bombona de aire comprimido

  10. Motoserra

  11. Tenaza xigante para cortar ou dobrar metais

  12. Area especial para recoller aceites e gasolinas

  13. Tacos de madeira para inmovilizar os vehículos accidentados.

O uniforme

  1. Casco con pantalla dourada, especial para o lume

  2. Mascara para poder respirar. Pódese acoplarlle a bombona de aire comprimido, que ten máis de 1000 litros de aire, e lles permite respirar durante uns 30 minutos.

  3. Roupa especial, resistente ó lume, composta de cazadora, pantalón, guantes e botas.

O parque

Como o traballo de bombeiro e moi especial o lugar de traballo tamén o é.

No parque pasan moitas horas de garda á espera dun aviso de emerxencia, por iso teñen:

  1. Cociña

  2. Literas

  3. Duchas

  4. Ximnasio

  5. Televisión

  6. Ordenador para estar informados das emerxencias que hai en cada momento.

Emerxencia

Se estas ante un incendio, un escape de gas, un verquido de productos perigosos, un accidente de tráfico, persoas en perigo, etc. debes chamar ó teléfono de emerxencias 112.

Consellos dos bombeiros para situacións de emerxencia.

  1. Permanece tranquilo e mantén a calma.

  2. Ó sair pecha portas e ventás.

  3. Sae do edificio andando, sen correr polas escaleiras. Non utilices o ascensor.

  4. Se non podes avisar a un adulto chama ó 112.

  5. Se non podes sair da casa, entra nunha habitación que teña ventá e fai que te vexan.

  6. Se hai moito fume, móvete a gatas polo chan.

  7. Se sae fume dalgún aparello eléctrico debes desenchufalo.

  8. se prende lume na sartén, ponlle enriba unha tapadeira, non lle votes auga.

  9. Se cheira a gas, abre as ventás, pecha a chave de paso, non acendas nen apagues a luz.