|
Visita ó
encoro de Cecebre
O
mércores 14 de febreiro visitamo-la Casa das Ciencias de A
Coruña.
Saímos
ás 9,45 da mañá da escola. No
autobús, como é habitual, estaban
esperándonos os compañeiros de
Herves.
Ó
chegar, o primeiro que fixemos foi ver e contar os poliños
que estaban nacendo
na incubadora, ve-lo péndulo de Foucalt e conta-los paos que
estaban tirados (8
paos), curiosar as fotografías que había por
alí e, sobre todo, xogar coa
máquina da gravitación planetaria (non sabemos
para que servía pero era moi
divertida).
Despois,
xunto con o alumnado dun colexio de Ferrol, fomos ó
Planetario, onde nos
contaron un conto que falaba dun planeta nos que os seus habitantes o
contaminaran todo e xa non podían vivir nel. Gracias a este
conto aprendimos os
nomes dalgunhas estrelas, dos planetas, das constelacións,
...
Despois
iniciamo-lo percorrido polas distintas plantas do museo
 |
 |
 |
|
Subindo ó parque
|
O péndulo
|
Facendo tormentas
|
 |
 |
 |
|
As naves espaciais
|
O transbordador espacial
|
Os espellos
|
 |
 |
 |
|
A reflexión
|
A atrapa-la pelota
|
Vasos comunicantes
|
|
|
|
|
Os poliñós
|
Contando os polos
|
Vimo-los
productos que se obteñen do petróleo, as sombras
das luces de cores, os vasos
comunicantes (sempre está máis cheo o que
está máis baixo), as fases da
lúa, levantamos sacos con axuda de poleas, vímos
a nosa termografía (imaxe da
calor do noso corpo), metímonos nun calidoscopio e
coñecimos ós nosos
xemelgos, xogamos a atrapa-la pelota voladora, ...
Antes
de despedirnos do persoal do museo, fomos ve-los poliños,
naceran dous máis, e
fomos conta-los paos que tirara o péndulo (12 paos).
Xa
na escola, estivemos recordando as cousas que máis nos
gustaran; sen dúbida, a
incubadora cos polos e os ovos e o conto do Planetario.
|