Entroido
2008
Este
ano 2008 o Entroido foi moi madrugador e celebrámolo o
venres 1
de febreiro, en compañía dos amigos do CEIP de
Herves,
como é tradicional.
O
tema deste ano foron as Olimpiadas e tamén a Paz, xa que as
dúas celebracións foron moi seguidas. Como
é
costume, fixéronse os disfraces con material de refugallo.
O
disfrace era un saco de lixo de cor branca que na parte
dianteira
tiña os aros olímpicos e na traseira a palabra
PAZ
escrita en chino. Logo cada alumno completouno con
composicións libres e variadas, que, en moitos casos,
recordaban
distintas bandeiras do mundo, principalmente de Europa, sempre
empregando as cores da bandeira.
Rematámolo cunha cinta branca na cabeza,
coma se fosemos gardiáns da PAZ.
As Olimpiadas deberían ser un tempo
de paz, de pausa ou, mellor, de final das guerras.
Os aros entrelazados representan a fraternidade
entre os distintos continentes unidos.
As
cores representan as distintas razas do mundo.
Este
ano, como o pasado, non saímos a desfilar polo pobo, xa que
o tempo non era axeitado, polo que compartimos xogos e contos
cós amigos de Herves.
Completamo-lo
disfrace e a festa, construindo un dragón para Tabeaio e un
xaguar para Herves, cos que se fixo un pequeno desfile interior, para
recorda-las celebracións chinas.
Un
ano máis, rematámola mañá
comendo orellas e
filloas, convidados polo Concello; este ano estaban boas de
verdade, xa que todos papamos unha boa ración.
Entroido
2007
O tema deste ano foron os piratas, que, como
é costume, fixeron o seu disfrace con material de refugallo.
A camiseta: bolsa de lixo e plastico adhesivo de
cor branca.
O gorro: cartulina.
O parche: maquillaxe.
O gancho: botella de plástico e papel de
aluminio.
O catalexe: tubo de cartón do papel de
cociña ou aluminio e papel celofán.
O venres pola
mañá, marchamos en autobús cara
ó CEIP de Herves, onde pasamos a xornada cos nosos amigos.
Alí fixemos o catalexe.
Entroido 2005
Chega o Entroido, Antroido ou Carnaval e hai que
pensar de que podemos disfrazarnos.
Xa que todo o país está a
celebra-lo IV Centenario da publicación do Quijote, este
pode ser un bó disfráz.
Unha
pouca de axuda de Internet e un pouco de imaxinación
darán como resultado uns cabaleiros que confeccionan as
súa armadura e cabalgadura reciclando material.
O Disfráz.
A armadura.
Como soporte da armadura empregamos uns sacos de
lixo ós que se lles abren as oportunas aireacións
para brazos e cabezas e córtanse á medida dos
distintos cabaleiros (palabra que empregaremos con xénero
neutro para referirnos ó feminino e ó masculino).
Sobre o soporte poñemos:
-
Un
escudo, noble, rexio, feito con papel de cores adhesivo, contorneado de
cartón de leite reciclado, sobre o peito.
-
Uns hombreiros
realizados con cartón de leite.
-
Un cinto confeccionado coas pezas sobrantes de
recorta-lo saco para darlle a lonxitude axeitada.
O yelmo
-
Abrimos dous cartóns de leite ben
lavados en sentido lonxitudinal, procurando despega-la unión
do cartón.
-
Nun deles, debuxamos unha visera protectora,
que abrimos con axuda de punzón e tesoiras.
-
Finalmente, unimos ámbolos dous
cartóns que dan a medida das cabezas dos nosos cabaleiros.
Rocinante.
-
Coloreamos e
recortamos dúas siluetas simétricas da cabeza da
nosa cabalgadura.
-
Recollemos as
polas saídas da poda das árbores que temos no
patio e que foi realizada hai poucos días. Escollemos as
máis dereitas e recortamos a medida.
-
Protexemos un
extremo con moito periódico e sobre el pegamos as siluetas
de Rocinante.
As armas
-
Como somos moi
pacíficos e non queremos violencia, empregaremos unha lanza
que non cause feridas graves e que recorde unha festa e non unha
liorta. Uns globos longos, dos empregados para facer figuras mediante
doblado, unha bomba de aire e moita paciencia preparamos as nosas armas.
Coa axuda do xornal, acercámonos
ás figuras de Cervantes, Quijote e Sancho.
|