|
Visita ás fragas do Eume
O martes 22 de maio de 2007 visitamo-las fragas do Eume.
Saímos
ás 10 da mañá da escola. No autobús estaban esperándonos os compañeiros de
Herves.
Paramos
no centro de interpertación das fragas para recoller a Nacho, o noso guía na visita.
Alí
mesmo vimos uns carteis que explicaban cales eran os habitantes das
fragas. Empezamos polos peixes: anguías, troitas e reos.
Aprendimos que troitas e reos son irmáns, pero ó nacer a troita queda no
río, mentres o reo vai ó mar, como no mar hai
máis comida o reo é máis grande.

A ave máis importante da fraga é o bufo, pero só hai dous.
Os mamíferos máis grandes son a londra, a marta e o lobo.

Subimos
ó autobús e fomos ata un tramo do río no que hai
unha ponte colgante, de ferro e madeira. Cruzámola en pequenos
grupos para ir ó outro lado do río. Por ela pasara o lobo
e deixara os seus excrementos.
A
corripa é un almacen de castañas, de forma redonda, feito
de pedra. Nel gardábannse ás castañas có
ourizo, para que se os animais viñan a comelas se ferisen coas
espiñas e as deixasen. Máis tarde, poñíase
lume por riba da colleita para que estoupasen os ourizos e soltasen as
castañas.

O certo é que tiña máis emoción subirse ás pedras que escoitar para que servían.

No
camiño de ida e volta á corripa, Nacho foi facendo un
exame de botánica ós pequenos naturalistas, preguntou
polas distintas árbores que crecen á beira do río:
loureiros, castaños, carballos, ameneiros, etc.

Cruzámo-la ponte de regreso, pero esta vez con máis seguridade.
Acercámonos
ó río para toca-la auga e comprobar que estaba
fría e salgada, porque ata a presa que hai un pouco máis
arriba chega a auga do mar.
Regresamos a pe ata o centro de interpretación da fraga
donde aproveitamos para ir ó baño e ver unha
exposición fotográfica da fraga. Alí estaba o
castelo de Andrade, o mosteiro de Caaveiro, que non puidemos visitar
por estar en obras, o bufo, a píntiga, os regos de auga, ...
|