Magosto
2006
O venres 10 de novembro celebramo-lo magosto. Foi a víspera do patrón da
nosa parroquia, San Martiño de Tabeaio. A fin de semana non puido ser máis
completa.
Outubro
empezou con vento, continuou con auga e rematou, para nos, con moita varicela.
Por todo iso, vímonos na obriga de retrasar esta celebración.
Novembro,
có verán de San Martiño máis caluroso dos que se recordan, pouco se prestou
para asar castañas ou face-la matanza, pero non podiamos remata-lo ano sen
celebra-lo Magosto.
Como
é costume neste día, os compañeiros de Herves viñeron a Tabeaio, para
celebrar xuntos a festa. O día soleado axudou a facer novas amizades.
Un
ano máis un pai da nosa comunidade fixo as labores de
castañeiro, o que lle agradecemos.
Magosto
2005
Un ano
máis damos as gracias ó pai de Sabela que nos fixo o lume e nos asou as
castañas, para que nos adicásemos a facer coroas, colgantes, arañas,
máscaras e outras manualidades, empregando follas de castaño e de piñeiro,
castañas, palillos e lá.
Pásámolo
moi ben saboreando os froitos do outono máis populares.
Cando
xa estabamos fartos, aproveitamos para xogar a moitas cousas, incluido tisnarnos
as caras, xunto cós compañeiros de Herves, que pasaron a xornada connosco.
Magosto
2004
Este
ano celebramos a festividade do Magosto mesturado có Halloween.
Aproveitamos
para falar do outono, dos seus froitos e dos vellos e bellos
costumes da xa case desaparecida sociedade agrícola.
Por mor
do tempo meteorolóxico, a celebración do Magosto xuntouse con Santos, Samaín
e Halloween.
Ademáis
de falar, coloreamos, recortamos papel, fixemos unha cabaza luminosa, cucuruchos
de papel, coroas, formigas e arañas con castañas e arame e, por suposto,
asamos e comimos castañas.
Un ano
máis, contamos coa colaboración dun pai que se encargou de face-lo lume e
asa-las castañas. Gracias.
|