|
Xoves, 8 de febreiro de 2007
|
As 10 e media da mañá estabamos en clase de Relixión, cando un golpe nun cristal asustounos.
Un paxaro acababa de chocar contra un cristal.
Quedamos sorprendidos polo acontecemento.
A sorpresa maior chegou á hora de sair ó recreo, entre as flores que hai baixo a ventá atopamos un tordo morto.
Tiña o pico manchado de sangue.
Non viu o cristal e có golpe tan forte debíu rompe-lo pescozo.
Fixémoslle un enterro moi solemne e gardamos un minuto de silencio.