Luns, 2 de febreiro de 2009

 

As 10 e media da mañá estabamos en clase de Inglés, cando unha sombra no pasillo chamou a nosa atención.

Un paxaro asustado voaba polo pasillo sen poder saír.

Meteuse na clase de Educación Infantil e alí fomos todos, amodiño para non asustalo, sentámonos e lle fixemos estas fotos.

Que alegría levou cando lle abrimo-la ventá.

O paxaro era un paporrubio.