|
Nome: Píntega Nombre: Salamandra Name: Salamander Reino: Animal Filo: Vertebrados-Cordados Clase: Anfibios Orden: Urodelos Familia: Salamándridos Género: Salamandra Especie: Salamandra Subespecie: Bernardezi
|
É un anfibio que non pode vivir dentro da auga, pero necesita ter a súa pel húmida.
Durante o día agáchase baixo pedras, paos ou terra, pois é un animal de vida nocturna.
Come insectos, caracois, babosas, miñocas, arañas, etc.
É un animal de movementos moi lentos.
Non é venenosa, como din algunhas crenzas populares.
A súa pel segrega unha sustancia que pode producir irritación se tocamo-los ollos, boca ou nariz despois de toca-la píntega.