|
A nena e os seus amigos do bosque Había unha vez unha nena chamada Natalia, que foi a recoller moras ó bosque. Estaba moi animada recollendo moras, pero nunha delas había unha avespa, que, ó verse en perigo, intentou picar a Natalia. Natalia correu sen mirar por onde ía e perdeuse no bosque.
Atopou á coella Estrela e preguntoulle:
Puxéronse en camiño cara a casa da esquio Crispina. Ó chegar, atopáronna comendo unhas noces. Saludáronna e Estrela pedíulle axuda:
Puxéronse en camiño e dirixíronse á casa da bolboreta Esmeralda. Ó mediodía pararon a comer unhas moras e a descansar un pouco. Despois continuaron a viaxe e chegaron a media tarde ó seu destino.
Foron en busca do niño do falcón Luk, que tiña no alto dun eucalipto. Cando chegaron anoitecía e o falcón acababa de chegar do seu paseo.
Estrela contoulle ós seus compañeiros de viaxe o que falara con Luk e díxolles que buscaran un lugar cercano para pasa-la noite. Crispina díxolle a Natalia que se subise a unha árbore para durmir. Estrela buscou un recuncho no medio dunhas silvas. Crispina dirixiuse a un piñeiro e subíu o máis alto que puido. Esmeralda pousouse nunha rosa vermella para que os seus enimigos non a visen.
A medio noite un raposo famento andaba á procura de comida e ía pensando:
Estaba o raposo nestes pensamentos polo bosque adiante, cando atopou a cova na que durmía Estrela. Non o pensou moito, e foi a por ela. Un ruido das patas do raposo despertou a Estrela, que fuxía hacia a árbore onde estaba Natalia e berrou:
Todos despertaron e Luk lanzouse en picado para distrae-lo raposo. Mentras Estrela aproveitou para buscar un novo escondite. Natalia empezou a tirarlle landras dende o alto do carballo no que pasaba a noite. Crispina tiráballe piñas e Esmeralda manchou a súas ás de polen e arrimouse ó nariz do raposo, que empezou a estornudar. Estrela, xa recuperada do susto empezou a lanzarlle zanahorias, mentras Luk dáballe picotazos en todo o corpo. Acorralado, Zorri, que así se chamaba este lambón, rendíuse. Luk, o máis valente do grupo, explicoulle ó raposo o que lle pasaba a Natalia. Zorri, ó vela, recordou que fora á súa casa a paparlle algunha galiña e coñecía moi ben o camiño.
En canto chegaron á casa, Natalia organizou unha festa para agradecerlles ós seus amigos a axuda.
Colorín, colorón este conto rematou con un gran festón.
|