|
A raiña das neves
Érase unha vez unha raíña que tiña tres irmás, chamadas Verónica, Marta e Andréa. A raíña chamábase Lucía e vivía nun castelo de cristal no Polo Sur e por iso lle chamaban a raíña das neves.
No castelo vivían cociñeiros e criados que servían ás princesas e á raiña das neves e tamén un exército de soldados que as defendían. Os seus viciños eran os pingüíns, osos polares, e focas.
Un día chegaron uns bonecos de neve que tiñan vida e secuestraron ós pais da raiña. As princesas marcharon a rescatalos acompañadas por unha parte do exército.
Viaxaron varios días en busca dos pais. Atopáronnos mortos na neve. Recolléronnos e subiron a un barco para regresar ó castelo. Ó chegar deitaron ós pais na cama máis luxosa. As princesas axeonlláronse ante a cama, moi tristes miraron ós seus pais sen decir nada. Despois Andréa e Lucía marcharon a outra estancia apenadas.
Verónica e Marta prometeron que castigarían os bonecos. Puxéronse en camiño dispostas a atopa-los bonecos de neve.
Na viaxe apareceuselles unha luz que lles dixo: - Non esteades tristes, os vosos pais non están mortos, tan só están desmaiados. Ó principio non o querían crer, pero a luz continuo falando: - Se non me creedes, volvede ó castelo. Regresaron e comprobaron que era certo, os pais abriron os ollos.
Todos choraban coa emoción.
Rin, rin, rin, ... - soou un teléfono.
¡Eran os bonecos de neve! Unha voz de xeo dixo: - Mentres uns choraban e outros nos buscaban có exército, aproveitamos para entrar no castelo.
Os criados pecharon portas e fiestras, pero xa era demasiado tarde. Houbo unha gran pelea durante semanas e semanas.
Ó final os soldados venceron. Todos foron felices e comeron perdices. |