|
Edificio
Atópase elevada uns 2 metros sobre o nivel da rúa e rodeada por un cercado de malla metálica en todo o seu perímetro, o que lle da moita visibilidade. Ó entrar, o primeiro que vemos é unha zona de herba de 270 metros cuadrados, na que hai 14 árbores, plátanos, palmera, cereixo, moreira, camelia e ameneiro, uns macizos de frores e un patio cuberto de 140 metros cuadrados. A continuación, están as dúas aulas coas que conta o Centro, moi soleadas, gracias á boa orientación. Detrás, está o que foi a vivenda do mestre, e que agora ten un almacen, dous aseos e unha aula de usos múltiples. Por último, hai unha pequena zona verde na parte posterior, que era irregular e fría, xa que recibía moi pouco sol, pero no curso 2007/2008 talaron as árbores da finca lindante e limparon o chan, para melloralo co Proxecto "Reciclo, recupero e reutilizo" de Voz Natura, que nos permitíu plantar unha faia, varios acibros, loureiros e buxos, ademais de manter un pequeno invernadoiro e iniciarnos na compostaxe. Aulas A aula de Infantil ten unha superficie de planta cuadrada de 48 metros cuadrados, con porta e dúas ventás cara á rúa e un aseo. A aula de Primaria ten unha planta rectangular, unha superficie de 35 metros cuadrados dous aseos, unha ventá no costado que mira ó leste e a porta e unha ventá cara á rúa. Na parte parte posterior da aula de Primaria e no lateral da de Infantil, hai un estreito pasillo que as comunica entre sí e que da acceso á vivenda e o campo da parte traseira do edificio.
|