|
Os animais
Érase unha vez hai moitos anos un can motorizado, de nome Calí, que percorría todo París na súa moto. Un día caeu e foi ó hospital. Despois recupérouse e empezou a escala-la torre Eiffel, pero tivo medo e os bombeiros foron rescatalo. Cando o baixaron, temblábanlle as pernas. Nese momento apareceu Lorena, unha anciá motorista que atropelou a un gato cego, por estar despistada mirando para Calí e os bombeiros. A vella asustouse moito, baixou da moto e mirou se o gato estaba ferido. Si que estaba. Acompañouno ó hospital e desde a ambulancia víu o parque de atraccións. Chegaron ao hospital e vendáronlle a perna esquerda. Foi o científico Batista. Fernando, un can ciclista, foi ao hospital a ver o seu amigo o gato cego. Tamén foi Chibi, un can paracaidista, amigo de Fernando e do gato. En terceiro lugar chegou Carlos no seu coche, un gato amigo do ferido. Despois chegou Calí e deulle un biscoito ao gato. Un pouco máis tarde marcharon todos para as súas casas e o gato tamén.
Colorín, colorado, o gato ferido quedou curado. |