Abonamos con compost de Bokashi E.M.

Unha vez preparado o compost utilizámolo como abono.
A primeira experiencia foi mesturalo con terra. Deixámolo reposar quince días para que se reducira a acidez da terra.


Colaboramos grandes e pequenos.     
     

Logo botamos a terra nas bandexas e realizamos a sementeira. Empregamos terra mesturada con bokashi e terra normal para comprobar a diferencia de crecemento. En todas as aulas realizaron a experiencia.
Que faremos coas plantas cando medren? Pois UNHA HORTA ESCOLAR!


   

(C) 2007 - Quedan reservados todos os dereitos

Imprimir esta páxina