SAÍDAS CULTURAIS

As saídas culturais son un complemento educativo imprescindible para vincular o aprendido coa realidade.
Aquí atoparedes información sobre as realizadas durante este curso.


5º e 6º visitaron o acuario da Coruña, un achegamento para comprender a importancia da auga como medio onde se desenvolve a vida... 

 

... e outros puntos da cidade.  

5º e 6º, os/as máis viaxeiros/as, achegáronse ata Ribadavia. Explicáronlle o proceso industrial de elaboración do viño. Tamén visitaron o Calvario de Beade e a paraxe natural de Ridimoas.  


5º e 6º, esta vez a pé, achegáronse ata o taller de Cristobal (antigo alumno do noso colexio). Cristobal explicoulles o proceso artesanal de construción da gaita tradicional galega. 


1º e 2º ciclo foron a Vigo a escoitar un concerto de música tradicional galega, tamén lles contaron moitas cousas dos instrumentos populares de Galicia.  


1º e 2º de Primaria desplazáronse ata o auditorio de Cangas para disfrutar dun espectáculo de maxia. O mago era fantástico, quitoulle a Ana varias moedas de dentro da orella... 


No mesde febreiro nenas e nenos de Educación Infantil e 1º ciclo visitaron o Concello de Cangas, no salón de plenos foron saudadas/os pola señora alcaldesa Clara Millán. A excursión continuou pola Policía Local, a Biblioteca Municipal da Casa da Cultura e finalmente achegáronse ata o IES de Rodeira para ver unha exposición sobre o cómic. 


(C) 2007 - Quedan reservados todos os dereitos

Imprimir esta páxina