|
ABERTA A TODOS. Soamente tes que solicitar o teu carné de usuario.
|
|
A nosa biblioteca conta con máis de 6.000 volumes de lectura e consulta. Ademais estamos iniciando o préstamo de CDs de música e DVD para que se poida dispoñer dos contidos educativos de interese cando os precisemos.
|
|
|
AS MASCOTAS: AGATA, unha gata intrépida e aventureira.
|
|
A outra mascota, unha formiga que traballa laboriosamente xuntando historias para os fríos días do inverno.
|
|
|
CONTACONTOS. Escoitamos historias extraordinarias, terroríficas, poéticas, que nos levan ao lugar onde habitan seres maravillosos.
|
|
OBRADOIROS DE ESCRITA, IMAXINANDO HISTORIAS. Tamén facemos talleres de escrita nos que aprendemos a crear historias e imaxinar mundos.
|
|
|
OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN, ESPERTANDO Á ARTE DE CREAR IMAXES. Todos os anos organízanse obradoiros de ilustración para que os nenos descubran as posibilidades de expresarse por medio das imaxes. Procúrase que descubran estilos e formas expresivas variadas.
|