 |
 |
 |
COMO CONSTRUIMOS A ACTUAL?
|
FASES DA CONSTRUCCIÓN
|
|
|
|
O DESEÑO
|
|
|
|
 |
Deseñamos a nova charca aproveitando a experiencia acumulada tras a construción da anterior: |
 |
Utilización da auga sen clorar dos antigos pozos do colexio. |
 |
Instalación dun motor con programador horario para os períodos de seca. |
 |
Deseño de tres estanques para diferenciar varios hábitats: zona de auga corrente, zona de auga estancada, zona pantanosa. |
 |
Cascada para mellorar a osixenación da auga. |
 |
Forrado con pedra natural con moitos ocos para crear cochos protexidos para os animais. |
 |
Recercado de pedra para facilitar un acceso fácil á orela nas actividades de exploración. |
 |
Colocación dunha ponte para mellorar os puntos de observación. |
 |
Impermeabilización de toda a zona para evitar encharcamentos nos lugares de paso. |
|
|
|
ESCAVACIÓN E CANALIZACIÓNS DE ENTRADA E SAÍDA
|
|
|
|
 |
Cunha escavadora fixéronse os tres vasos e instaláronse os desaugues coas correspondentes chaves de paso e dúas arquetas: unha para a captar a auga que rebosa dos pozos do colexio e outra para canalizar a saída hacia as cañerías de recollida de augas pluviais do barrio. Estendeuse un plástico para impermeabilizar os vasos e recubriuse todo cunha estrutura de cemento reforzada con malla metálica. Para finalizar, forráronse os estanques perimetralmente con pedra natural. |
|
|
|
REPRODUCCIÓN DO ECOSISTEMA
|
|
|
|
 |
Buscamos o asesoramento de especialistas. Contactamos con varios biólogos que nos facilitaron información: |
 |
A charca do cole vai ter unha conexión biolóxica co río do Lagar, que recolle as augas pluviais da zona do colexio, e coa lagoa de Vilariño que é onde desemboca. En caso de plantar especies vexetais e animais foráneas poderían trasladarse accidentalmente ao río e á lagoa, alterando o equilibrio biolóxico. |
 |
Antes de incluír na charca especies animais debe afianzarse un manto vexetal e a poboación de invertebrados. |
 |
A flora autóctona é de gran variedade e está perfectamente adaptada ao noso clima. A charca facilitará o coñecemento e valoración das especies vexetais que viven nos ríos e charcas naturais, especies que antigamente eran ben coñecidas pero que dun tempo a esta parte pasaron ao olvido. |
 |
Por ter a charca unha vexetación semellante aos ríos da zona e á lagoa de Vilariño, produciranse migracións naturais de insectos voadores e aves. |
 |
A natureza medra en aparente anarquía. Cada especie busca o lugar idóneo onde desenvolverse, unhas poden compartir o mesmo, outras son incompatibles. Trataremos de trasplantar cada especie a un lugar da charca o máis parecido posible ao lugar do que provén, e deixaremos que se desenvolvan libremente para que cheguen a crear un ecosistema vexetal equilibrado. |
 |
A charca será un lugar de estudo pero evitaremos alterar o equilibrio e tranquilidade imprescindibles nun espazo natural. Delimitarase unha zona á que non se poderá acceder maís que con consentemento do profesorado. Instalarase un panel informativo para facilitar ao alumnado e visitantes a comprensión de canto sucede no noso pequeno ecosistema. |
|
|
|
O MANTO VEXETAL
|
|
|
|
 |
Co asesoramento dun biólogo o alumnado recollerá especies vexetais autóctonas seguindo unha metodoloxía científica. |
 |
Antes de coller unha planta debe observarse o entorno e procederase do seguinte xeito: |
 |
¬ Describir por escrito o lugar: soleado, de moita sombra…, lonxe da auga, perto da auga, asolagada, flotante… |
 |
¬ Asignarlle un número. |
 |
¬ Retirala con parte da terra onde está enraizada. |
 |
¬ Sacarlle unha foto. |
 |
¬ Embolsala indicando o seu número. |
 |
Xunto co manto vexetal trasladaremos indirectamente a fauna invertebrada asociada. Serán a base sobre a que se edificará o noso ecosistema e que permitirá posteriormente que se establezan especies máis complexas. |
|
|
|
A FAUNA
|
|
|
|
 |
Unha vez estabilizada a flora da charca procederase ao traslado de animais, maiormente anfibios. Serán variedades propias da zona. Antes de botalas na súa nova vivenda serán catalogadas e fotografadas. |
 |
Nesta ocasión non haberá peixes de cores, as típicas carpas, dado que non son especies propias dos nosos ríos e lagoas. |
|
|
|
|
|
|
(C) 2007 - Quedan reservados todos os dereitos |
|
Imprimir esta páxina
|