COMPETENCIAS

O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do que participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar. As principais atribucións do Consello Escolar do Centro son:
Establecer as directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do centro, aprobalo e avalialo.
Resolver os conflictos e impoñer as correccións pertinentes mediante a Comisión de Convivencia.
Decidir sobre a admisión dos alumnos e das alumnas, con suxeición ó establecido na lexislación vixente.
Aprobar e modificar o regulamento de réxime interior do centro.
Elaborar as directrices para a programación e desenvolvemento das actividades escolares complementarias e extraescolares, comedor, transporte escolar, visitas e outras actividades, así como a aprobación e avaliación da programación xeral delas.
Aprobar o proxecto de orzamento do centro.
Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro, respectando, en todo caso, os aspectos docentes que lle competen ó claustro.
Promover a renovación das instalacións e equipamento do centro, e vixiar a súa conservación.
Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro.Promover as relacións entre os diversos membros da comunidade escolar para conseguir unha relación fluída e fomentar a participación dos sectores e a súa formación.
Calquera outra competencia que lle sexa atribuída normativamente.

(C) 2007 - Quedan reservados todos os dereitos

Imprimir esta páxina