O PENEDO DA RAÍÑA LOBA
A lenda do Penedo da Raíña Loba data de tempos atrás, como lenda que é so sabemos dela os datos que se van transmitindo xeración en xeración a través do saber popular. Os datos cos que contamos hoxe en día tratan sobre unha muller que era metade muller metade loba, de aí que lle chamaran a Raíña Loba, alén diso habitaba nun penedo e tiña ó seu mando un exército de homes.
A Raíña Loba tiña atemorizados a tódolos veciños dos pobos de arredor xa que lle obrigaba a estes a levarlles de comer tódolos días. Os viciños, cansos do asoballamento ó que se vían sometidos decidiron facerlle fronte á Raíña para acabar con esa situación. Por iso un día os veciños de Pexeiros enganaron á Raíña Loba, dixéronlle que lle trouxeran moita comida, a raíña ó asomarse descoidouse e os veciños aproveitaron para empurrala penedo abaixo póndolle así fin á tortura á que a raíña os tiña sometidos.
Tamén se rumorea que a Raíña Loba deixou escondido no penedo unha cabrita de ouro. Hoxe en día no chamado Penedo da Raíña Loba podemos atopar dende escudos gravados na pedra ata unha poza onde din que se lavaba a raíña, alén diso no chamado cemiterio podes atopar con facilidade restos de xerras de cerámica e ósos.
Manuel Castro Galiña
