A LENDA DOS MOUROS DE COVELAS
Nos montes de Covelas hai un penedo moi, moi antigo, dentro do que habitaban os mouros. Alí, naquel penedo, deixaron a marca dunha cruz. Esa cruz significa ou indica que alí están enterrados un príncipe e unha princesa.
A historia conta que a princesa era unha muller moura e o príncipe un home romano. A princesa estaba moi namorada do príncipe, e o príncipe tamén dela. Pero había un problema que os separaba a ambos: os pais do príncipe non querían que casara cunha muller pobre, sen cartos e moura (naqueles tempos, os mouros eran pobres, vivían nos penedos).
Por esa razón non casou, porque os pais non querían.
Mais cando os pais morreron, o príncipe casou coa princesa. E alí en Covelas, os dous enterrados están.
Nós como periodistas fomos aló e sacámoslles unha foto ó penedo e á cruz.
Cristina e Vanesa
