A OPINIÓN

   O pasado día 11 de novembro celebrámo-lo magosto. Estivo ben. Gustounos moito. Pasámolo moi ben. A verdade é que xa nos aborrece ter que ir a Xinzo de Limia, porque din que os do Instituto ándannos insultando ós máis gordos, e tamén de face-lo mesmo percorrido ca sempre, en Campo a Través.

    Gustaríanos tamén que despois de comer, cando chova, non tiveramos que ir para a biblioteca, senón para o patio cuberto.

    Gustaríanos que o próximo Entroido fose con moito máis percorrido, e que houbera música, moito máis marchosa, coma de discoteca, e moitos máis xogos, como a carreira de sacos.

    Tamén nos gustaría que houbera máis nenos ou nenas para divertirnos e non pechen o colexio dos Blancos, que hai tempo que se escoita no concello que como hai poucos rapaces vano pechar.

(Bruno e José Antonio)