ACTIVIDADES ESCOLARES

-No colexio dos Blancos imos a deporte escolar. Este ano temos un profesor novo, qué guai, e dános clases de Educación Física. Antiguamente tiñamos dous profesores e non nos daban educación física como nós desexabamos, pois en vez de facer deporte xogabamos e non practicabamos deportes. 

Este ano, como veu un profesor, imos entrenar. Tamén este profesor nos vai levar a baloncesto e a natación e a fútbol sala, etc.

Noutros tempos gañamos moitas medallas e premios e todavía nos gustaría gañar máis.

Case todos nos apuntamos a tódolos deportes. Os rapaces apuntáronse a fútbol, e as rapazas a baloncesto e a natación. Como somos poucos, imos ir cos de Calvos de Randín... A nós gustaríanos ir sos, pero temos que ir con eles porque senón non poderiamos ir a deporte escolar.

(Melania e Elena)