A OPINIÓN

 Gustaríanos que non cortaran máis árbores e que plantaran moitas máis. A natureza é a nosa vida.

    Tamén nos gustaría que houbese moitos máis rapaces no colexio e moitos máis xogos, como tenis, balonmán, baloncesto... Xa tiñamos unha cancha, pero os do Instituto destrozáronas todas, mais agora xa o Director díxolle ó Alcalde que as arranxara, pero aínda non viñeron.

    E tamén nos gustaría que limparan as pintadas que hai polo colexio adiante...

(Bruno e José Antonio)