ACTIVIDADES ESCOLARES

-Este martes día 20 imos ir a Xinzo, a unha carreira, e van moitos colexios. Damos unha volta arredor do río. Os rapaces sómente dan dúas, e as rapazas, unha e media. En Educación Física, sempre imos polo pobo a correr, e facemos footing. Normalmente damos seis voltas e ás veces, arredor do campo de fútbol, vinte. Un rapaz chamado Luis e eu somos os que máis corremos do colexio. En Ourense fomos sextos, e había moita xente que corría máis ca nós.

(Melania e Elena)