Novas

por Lorena, Alberto e Brandon

UNHA CRÍA DE HIPOPÓTAMO E UNHA TARTARUGA UNIDOS POLO TSUNAMI

   Cando as augas do tsunami que provocou o maremoto asiático, chegaron ás costas de Kenia, un pequeno hipopótamo bautizado co nome de Owen, foi arrastrado pola corrente lonxe do seu hábitat. Desorientado e distraído, o pequeno foi rescatado por dous gardiáns da reserva natural Haller, situada en Mombasa , que o levaron alí para que puidera sobrevivir. Pero, ó parecer, no parque atopou algo máis que a salvación: alí descubriu a amizade e o cariño de Mzee, unha gran tartaruga macho de máis de cen anos que se convertiu na súa compañeira inseparable. O pel da tartaruga é da mesma cor ca dos hipopótamos adultos, polo que o pequeno Owen confundiuna coa súa nai, un papel que a tartaruga aceptou encantada.

A TORRE WINDSOR XA NON ARDE, PERO AÍNDA PODERÍA DERRUMBARSE

   Tras 18 horas de incendio, o lume deixou reducido a un esqueleto de formigón a estructura do rañaceos Windsor. 
O lume está apagado e o edificio encóntrase nunha situación de "equilibrio inestable", polo que hai "risco de derrumbe", segundo o alcalde de Madrid. 
Os bombeiros enfriaron a torre cunhas lanzas de auga para restar zonas de calor e intentar evitaren o seu desplome. 
Ante esta situación "crítica" se restrinxiu o tráfico e as actividades comerciais no corazón financieiro de Madrid.


CASE CEN MIL VEÍCULOS FIGURAN NA LISTA NEGRA DAS COMPAÑÍAS DE SEGUROS

   Case cen mil veículos figuran na lista negra de compañías aseguradoras españolas. Ás aseguradoras rexéitanlles ós xóvenes moitas pólizas a causa dos múltiples accidentes que ten a maior parte deles. Entón algunhas persoas vense negras para que lles fagan o seguro do seu automóbil. Esas persoas non teñen máis remedio que ir ó consorcio de compensación de seguros que é un organismo público que é o encargado de procurar o seguro obrigatorio ós particulares qué non puideran encontrar póliza noutras compañías. Nos veículos, tanto coches coma motos, os prezos das súas pólizas son demasiado altos.