A OPINIÓN

 Na miña opinión o colexio está ben, pero ten algúns defectos, deberían pór unhas canastas novas de baloncesto. Ademáis, o campo de fútbol deberíano arranxar un pouco para poder xogar con máis facilidade e tranquilidade. Os profesores son moi bos connosco e axúdannos en moitas cousas en moitas ocasións. Respecto ó comedor, está moi ben, cada día unha comida diferente e variada. O noso colexio posúe ordenadores e aprendemos moitas cousas deles. En canto ás aulas creo que as persianas deberían arranxalas porque están rotas e entra moito sol na nosa aula. Sen embargo a aula está moi ben coidada.

    O colexio é moi grande e ten moitos baños, no

colexio tamén se estudia moito para sacar deces, e ninguén suspende e tamén os mestres son bos e traballamos moito. No colexio nos divertimos moito, como xogamos moito. Na clase hai nenos que son delegados, subdelegados e secretaros. O ou a delegada anotan ós que falan e os secretarios son os que se encargan de ordenar os libros, e o subdelegado ou subdelegada axudan ó delegado ou delegada. No colexio hai poucos mestres, poucos nenos e nenas.

    As mesas e as sillas están novas e a calefacción funciona ó revés, cando vai frío a calefacción non está acesa. Os baños teñen a maioría deles a tubería rota, do resto está todo en boas condicións. Para finalizar, queremos dicir que o colexio ten algúns defectos que poderían ser arranxados polo Concello, pero estamos a gusto nel.

(Iván, Valentina e José Ramón)