ACTIVIDADES ESCOLARES
O DÍA DO ENTROIDO
Fixemos
diversos disfraces, os rapaces de cuarto, quinto e sexto disfrazámonos de
fumigadores. Os de infantil, primeiro, segundo e terceiro curso disfrazáronse
de arañas e bolboretas.
Fixemos o entroido na nosa escola. Viñeron os rapaces de
Calvos de Randín e Baltar.
Fixemos
o desfile polo pobo. Ó chegar á casa do Concello déronnos caramelos.
Chegamos ó recinto escolar e xogamos ó xogo do crebacabezas
que consistía en atopar ós seus profesores que nos terían que pór unha
proba, se a superabamos daríanos unha peza do crebacabezas, que xunto coas
outras formariamos un crebacabezas de carautas de entroido. Cando acabamos fomos
ó comedor e comemos.
O DÍA DA PAZ
Fixémo-las
siluetas de cada un de nós.![]()
Pintámolas de diferentes cores: vermello, verde, azul,
amarelo... Cada alumno pintouna da cor que quixo. Por riba de cada silueta cada
alumno escribiu o seu nome.
Escribíronse diversas mensaxes. Unha delas foi:
"A
PAZ NAS TÚAS MANS"
(José Antonio, Iván e Daniel)