PASATEMPOS E HUMOR

por Pablo, Elena e Nerea

    O rapaz ó seu pai:
    -Papá, papá, viñeron preguntar se aquí vendían un burro...
    -¿E ti que lle dixeches, fillo?
    -Que non estabas.

   
Atopa nesta sopa de letras estes nomes: Ana, Cristina, Laura, Paula e Lorena.

P E R K M U L O R C
A C U A M R L L O R
U O T L N O A T H I
L O R E N A A H C S
A R O M O R Z T E T
M K R O U L M H O I
O U H A R T O C M N
L M L M U O R K C A


    -Manolo, ¿sabes que o meu irmán anda en bicicleta dende os catro anos?
    -¿E cántos ten agora?
    -Vai cumprir quince.
    -Carafio, pois xa debe ir ben lonxe.

ADEVIÑA: De negro e en procesión, adeviña quen son.

ADEVIÑA: Pola mañá ando a catro patas, pola tarde a dúas e pola noite a tres.

    Na beiravía da estrada hai un home cunha cana de pescar.
    Pasa un coche, asómase o conductor pola fiestra e di:
    -¿Que, pican?
    E contesta o home:
    -Si, con vostede xa son vinteoito.

ADEVIÑA: Unhas son redondas, outras ovaladas, unhas pesan moito, outras case nada.

ADEVIÑA: Se llo das a un tonto non lle servirá. Se llo das a un listo, nunca o usará. ¿Qué é?

ADEVIÑA: ¿Cal é o deporte favorito dos cantantes?

ADEVIÑA: ¿Que é iso que cando seca móllase?

ADEVIÑA: ¿Que é o que todos toman e ninguén rouba?

ADEVIÑA: ¿Que ten Adán diante que Eva ten detrás?

ADEVIÑA: ¿Que lle dixo o mar a un que estaba afogando?

    O profesor estaba na súa clase de Química e pregunta:
    -Se introduzo este reloxo nesta sustancia, ¿credes que se disolverá?
    Un alumno contesta:
    -Non.
    -¡Moi ben! ¿Por que?
    -Porque se se disolvera, vostede non o metería.

    Chega Manolo todo borracho ás oficinas do Goberno. Toca na porta e diríxese onda un garda:
    -Quero ser xefe de goberno, ¿cales son os requesitos?
    -Pero vamos a ver, cabaleiro. ¿Está vostede tolo, drogado, idiota ou é imbécil?
    -¡Ordia! Con tantos requesitos mellor déixoo.

SOPA DE LETRAS

    Atopa nesta sopa de letras estas palabras: auga, vaso, botella, xerra.

X B L V N F V I M J S T B
E Y J A A S L M O S P Q O
R V B F G S R C Y L O M T
R W K M V C O S K S J L E
A O T R A M P Q O M N P L
L M O A U G A S Ñ J K I L
Q L J M O L P K S N M T A

SOPA DE LETRAS

    Busca o nome de 4 obxectos.

A L A M P A D A O
R S L C A L E N S
M E S A P C O L L
A K L M P P O N M
R Q O A H R L P A
I A H R P N A L L
O S C A M V H N O

    Un señor pola beirarrúa e asubíalle a unha rapaza. E pregúntase: ¿Por que non me mirou? A resposta: Porque o amor é cego.

ADEVIÑA: ¿Cal é a palabra que léndoa cara adiante ten un significado de comida e cara atrás outro, pero de animal?