Novas

por Pablo, Elena, Nerea

NACHO VIGALONGO
   Ainda que a curtametraxe "7.35 da mañá" xa gañou 58 premios en festivais nacionais e internacionais, director e guinista en películas como "Gran Hermano" músico e actor de campañas publicitaras... xamais imaxinou que a súa cinta sería seleccionada para os Óscar.

UNHA PROTEÍNA DE ORIXE ANIMAL, ÚTIL CONTRA AS INFECCIÓNS DO PEL
    Un estudio da Universidade de California en San Diego demostrou que a catelicidina, unha proteína sintetixada procedente dos porcos, vacas e cabalos, pode ser útil no tratamento de infeccións do pel. Os investigadores sintetizaron unha proteína procedente do porco que combinada coa catelicidina elimina as bacterias de estreptococos.

DECEAS DE MORTOS NUN NAUFRAXIO EN BANGLADESH
    Máis de 80 mortos e ó menos cen desaparecidos é o tráxico balance do naufraxio dun ferry nun río das aforas de Daca (Bangladesh) cando, ó parecer, chocou con outra embarcación no medio dunha tormenta tropical. Os ferrys dese país están normalmente abarrotados, o cal, unido ás deplorables medidas de seguridade, provocou que nos últimos 25 anos, naufragaran máis de 250 transbordadores.

ÓSCAR, O CADELO CARTEIRO MÁIS QUERIDO
    Uns 500 veciños de Tyremouth (Gran Bretaña) dirixiron cartas ó servizo de correos para solicitar que Óscar, un simpático bull terrier de 6 anos poida seguir realizando co seu dono, o carteiro Andrew Jamieson, o reparto da correspondencia.

A NENA SEREA
Milagros Cerrón, a nena peruana de 9 meses coñecida como a "nena serea" a causa dunha malformación conxénita, implantáronlle unha prótese de silicona entre as pernas como preparación para intervención na que os médicos separarán as súas extremidades inferiores. por outro lado, a nena acaba de ser bautizada e ós seus padriños son o alcalde de Lima e a enfermeira que a coida.