ACTIVIDADES ESCOLARES

    O venres, 4 de marzo de 2005 temos que ir ó pavillón a xogar ó fútbol e ó baloncesto.
    En Xaneiro fomos para correr, e eu cheguei de 29ª e Bruno chegou de 2º, e recibiu unha medalla de prata.
    Os de quinto e sexto participaron nun programa da Radio Galega.
    O 19 de xaneiro o Bruno tivo que ir correr a Monterrei e chegou de 17º, adiantou a moitos.

    As actividades extraescolares no noso colexio gústanos moito. O magosto fixémolo fóra do colexio, fomo ás piscinas dos Blancos, pasámolo moi ben. O día seguinte fomos en autobús a Rairiz onde nos ensinaron cousas sobre a electricidade e demos pedal a unha bicicleta. Ademáis tamén participamos en carreiras con outros colexio, pasamos todos a mañá nas competicións e pasamos un día moi divertido. No nadal, durante as vacacións o noso profesor Don Pepe levounos a Pazolandia invitados polo concello todo o día. Pasámolo moi ben, porque iamos os rapaces de todo o colexio e estivemos nas atraccións. Todo o día.

(Valentina e José Ramón)