A LENDA DA CAMPÁ DO CASTELO

    O Castelo é un lugar que divide Os Blancos e Xinzo e está nun penedo por riba de Ouvigo.
   
Sobre o Castelo existen moitas lendas.
    En tempos dos celtas, había unha campá que era de cobre, alí no Castelo. Servía para avisar ós celtas de que estaban en perigo.
    Os do exército da Raíña Loba loitaban contra eles, pero os celtas estaban preparados con arcos e catapultas, que eran unhas palas onde puñan pedras, rodeadas de herbas secas e despois prendíanlles lume.
    O exército da Raíña Loba era máis grande pero os celtas do Castelo sempre collían preso algún soldado do exército da Raíña Loba para facelos falar ó que os celtas lle preguntaran, e se contestaban sí ou non, sempre lles cortaban a cabeza.
    Entre tres ou catro pegaban del e logo púñano de xeonllos nun asento, colocábanlle o pescozo e cunha pedra cortábanlle a cabeza, e tiñan o vertedeiro por onde pasaba o sangue.
    Segundo a lenda, os habitantes de Soutelo descubriron aquela campá e levárona para a capela que hai no pobo.

O penedo da campá

O lugar do sacrificio

Daniel, Iván e José Antonio