A OPINIÓN
por Pablo, Nerea, Elena![]()
OS VERTEDOIROS INCONTROLADOS
Por
aquí en Covelas temos un vertedoiro. Alí tran de todo: roupa, ladrillos,
botellas, vidros, etc. A nós iso non nos parece normal, porque estamos
estropeando a natureza.
Onte fomos aló. Tiran de todo: aquilo mete medo. Dá
moita mágoa. Onte escondémonos e de alí a un pouco apareceu un tractor,
parecía que ía tirar cousas.
Asustámonos tanto que saímos escopeteados. Pasámolo moi mal.
Onte estivemos alí e vimos como tiraban vidro, tamén había
alí moitas fiestras de granxa e as fiestras tiñan porexpan e despegóuselle e
agora anda a voar por tódolos sitios. Iso non está ben, porque ó voar van
cara ós montes e despois contaminan e tamén había botellas de alcol e
gasolina.
A nós parécenos que deberían tirar o lixo en contenedores, en troques de
tiralo alí. Parécenos mal porque contamina a natureza.
Unha vez tiraron un porco e cheiraba moi mal. Tamén tiran
televisores e aceite de motor, tiñan que tirar o lixo noutro sitio, o ano
pasado fixeron unhas pistas alí pero non serviu de nada.
Cada vez contaminan máis e acaban coa natureza.